RESERVAS > Normas de uso

Normas de uso

 

Cuestións xerais

  • O CDTIC cederá os seus espazos para a organización de actividades (sesións demostradoras, sesións formativas,...)
  • A utilización das instalacións require autorización previa e solicitarase, mediante formulario electrónico, segundo o procedemento que se estabeleza.
  • O CDTIC resérvase o dereito de, en circunstancias excepcionais, anular as reservas.
  • O CDTIC deberá aparecer como colaborador en calquera material de difusión que se elabore (carteis, trípticos, notas de prensa...) no desenvolvemento das actividades.
  • En caso de autorizacións nas que se aprecie que a actividade a desenvolver pode xerar danos en bens ou persoas, pódese esixir unha garantía ou póliza de responsabilidade civil para garantir o pago do gasto que xere a reposición das instalacións ao seu estado inicial no suposto de que houbera danos.
  • O CDTIC pon a disposición das entidades interesadas as súas infraestruturas e proporciona o escenario para a demostración de produtos/servizos TIC sen que isto supoña, en ningún caso, que recomende ou avale nin estes nin ás empresas provedoras dos mesmos.
  • O CDTIC exímese de calquera responsabilidade xurdida da implantación de produtos/servizos TIC presentados no marco do proxecto.

Aviso Legal

  • En cumprimento co establecido na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolos de que os seus datos persoais serán tratados e quedarán incorporados no ficheiro Actividades dirixidas á cidadanía, responsabilidade da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, rexistrado na Axencia Española de Protección de Datos, coa finalidade de xestionar todas as actividades dirixidas á cidadanía tales como programas de lecer, actividades de voluntariado, desenvolvemento de actividades culturais, programas formativos, ou calquera outro proxecto de similares características.
  • Os datos que se lle solicitan resultan necesarios para xestionar a súa participación e asistencia ás actividades organizadas polo CDTIC nas que vai participar, de xeito que de non facilitalos non será posible a súa participación. Neste sentido, vostede consinte expresamente a recollida e tratamento dos datos para xestionar a súa asistencia (control de acceso ás instalacións do CDTIC, control de asistencia, …), para poder realizar estudos estatísticos sobre a participación nestas actividades e para poder informarlle de calquera outra actividade de características similares que se organice no CDTIC.
  • Do mesmo xeito, no caso de que a actividade na que se inscriba como participante estea organizada por  Red.es, autoriza a comunicación dos seus datos de carácter persoal á Red.es co fin de que esta entidade poda xestionar a súa participación nas súas actividades e para mantelo informado de calquera outra actividade de características similares que se organice.
  • No caso de que as actividades sexan organizadas por calquera outra empresa ou entidade, os seus datos de carácter persoal non serán cedidos. Unicamente se comunicará, de xeito anónimo, o perfil laboral dos participantes e os nomes das empresas nas que prestan os seus servizos co fin de que o desenvolvemento das actividades se realice dun xeito máis acorde en función dos participantes (exemplo: dous mandos intermedios da empresa X, tres comerciais da empresa Y)
  • En todo caso, poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito dirixido á Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, edificio administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, achegando copia do seu DNI ou, de ser o caso, acreditando representación suficiente.
  • Pregámoslle que no suposto de que se produza algunha modificación nos seus datos de carácter persoal, no lo comunique co fin de manter actualizados os seus datos de carácter persoal.

Normas xerais de uso das instalacións do CDTIC

  • O horario de uso das instalación do CDTIC é de luns a venres laborables de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas. Salvo autorización expresa por parte do CDTIC non se permite o uso das instalacións fora desa franxa horaria.
  • O horario de atención ao usuario é de luns a venres laborables de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas, excepto os meses de xullo e agosto no que horario é de 08:00 a 15:00 horas. Salvo autorización expresa por parte do CDTIC non se permite o uso das instalacións fora desa franxa horaria.
  • Está terminantemente prohibido fumar en todo o edificio.
  • Non se permite desenvolver actividades que perturben o desenvolvemento normal de actividades no resto das instalacións.
  • O CDTIC non se fai responsable dos efectos persoais esquecidos polos usuarios das súas instalacións. Calquera obxecto persoal atopado depositarase na recepción do CNTG.
  • Dentro do plan de austeridade e aforro enerxético promovido pola Xunta de Galicia, os usuarios das instalacións deberán, unha vez rematada a actividade, pechar as fiestras e apagar as luces e todos os aparatos eléctricos utilizados.
  • As persoas que desexen asistir ás actividades desenvolvidas no CDTIC deberanse inscribir previamente a través da web do CDTIC, utilizándose os datos recollidos con fins meramente estatísticos así como para o control de acceso ás instalacións.
  • As persoas responsables das actividades desenvolvidas nas instalacións do CDTIC deberán retirar calquera material sobrante no momento en que remate a actividade. De non ser o caso, o CDTIC será depositario por un tempo máximo de 15 días procedendo unha vez rematado este prazo a desfacerse del.
  • É preciso respectar en todo momento tanto as instalacións como o equipamento, así como as posibles instrucións concretas de utilización.
  • Todos os usuarios están obrigados a seguir as indicacións en caso de evacuación do edificio.
  • Os usuarios dispoñen dun Servizo de Atención a Usuarios no enderezo de correo cdtic.soporte@xunta.es para a comunicación de calquera deficiencia que observen, tanto no desenvolvemento das actividades como no propio CDTIC.
  • Os usuarios dispoñen dun Formulario de Suxestións para a comunicación de aquelas cuestións que consideren pertinentes, que poderá ser cumprimentado na web do CDTIC.
  • O mal uso de calquera das instalacións do CDTIC suporá, para a entidade infractora, unha futura restrición de acceso ás instalacións por un período de tempo que determinará o CD TIC e/ou esixirase responsabilidade por danos ocasionados.
  • Poderanse establecer normas complementarias de uso específicas para determinadas áreas en función da súa utilización.

Normas de acceso ao CDTIC

  • Para acceder ao CDTIC os usuarios están obrigados a acreditarse , cando así lle sexa solicitado polo persoal do CDTIC, mediante DNI ou equivalente.
  • É preciso, para evitar calquera inconveniente de acceso ao edificio, comunicar con 48 horas de antelación a asistencia de calquera autoridade e/ou a convocatoria de medios de comunicación, así como o listado de asistentes con apelidos, nome e DNI.

Normas de uso das infraestruturas do CDTIC

  • Non se poderá realizar cambios de mobiliario duns espazos a outros sen a autorización expresa por parte do CDTIC.
  • Nos espazos nos que o mobiliario é movible, unha vez rematada a actividade, deberase procurar deixar o mobiliario na súa posición orixinal.
  • Deberase respectar o aforo estabelecido para cada espazo.
  • Os usuarios deberán seguir as instrucións de seguridade e de uso de equipamento dos distintos espazos.
  • Calquera modificación no equipamento, ben sexa na súa configuración como na instalación de software ou hardware, será realizada sempre polo responsable de infraestruturas do CDTIC, co apoio e colaboración da entidade usuaria que vai desenvolver a actividade.
  • Unha vez rematada a actividade, salvo circunstancias especiais, todo o software instalado para o seu desenvolvemento será desinstalado, quedando os equipos do CDTIC no seu estado inicial.
Mapa Web de CDTIC
RSS

Pode subscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a