INICIO > Novas
Logo do Programa Aloxamentos conectados

A Xunta de Galicia colabora con red.es no Proxecto Demostrador "Aloxamentos en rede" destinado a autónomos e pemes do sector de Establecementos Hoteleros e Turismo Rural

Versión para impresiónSend to friend
9 Abril 2012

O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo abre, a través de red.es, o prazo da Convocatoria do Programa de Aloxamentos Conectados de apoio á incorporación de tecnoloxía en establecementos hoteleiros e aloxamentos de turismo rural. Este proxecto enmárcase  no programa   Empresas en Rede, que se desenvolve en colaboración coas Comunidades Autónomas beneficiarias de fondos FEDER.

Os Beneficiarios deben ser autónomos ou pemes de menos de 50 empregados, de Galicia, que desenvolven a súa actividade principal no sector de Establecementos Hoteleiros e Aloxamentos de Turismo Rural, (CNAE 2009: 5510 Hoteis e aloxamentos similares e 5520 Aloxamentos turísticos e outros aloxamentos de curta estancia).

Os beneficiarios recibirán ata un máximo de dous paquetes de solucións/servizos a elixir entre os seguintes:

  • Paquete 1. Solución de Xestión da Propiedade (PMS). Os sistemas de xestión da propiedade permiten a xestión electrónica de reservas, habitacións do establecemento, o rexistro de clientes, o envío de mailings, a xestión das Tarifas, o control da entrada de clientes (check-in) e facturación (check-out), así como contar con informes (por exemplo Garda Civil, INE…) e enlazar coas principais Centrais de Reservas (CRS).
  • Paquete 2. Servizo de Auditoria e Mellora Web. Facilita o acceso aos contidos de maior interese da web do negocio grazas a unha a correcta estructuración da información e á aplicación de técnicas de navegabilidad e usabilidade.   
  • Paquete 3. Servizo de Mercadotecnia Online. Permite optimizar os esforzos da empresa para obter un maior impacto nas actuacións de mercadotecnia realizadas a través de medios electrónicos.

As contías das axudas alcanzan ata o 75% do custo no caso das entidades de menos de 10 empregados, sufragando tamén no caso dalgún dos paquetes seleccionados os equipamentos hardware necesario.

O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o 4 de xuño ás 13 horas. As modalidades de presentación de solicitudes poden ser tanto físico como telemático.

 

Máis información

Teléfono: 901 900 333  

E-mail:   empresasenred@red.es

Web: www.red.es

Mapa Web de CDTIC

Colaboran:

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS