Solucións Tecnolóxicas para a Industria Agroalimentaria

Tipo de actividade:
Xornadas demostradoras
Data:
28 Febreiro 2012
Hora:
De 10:00h a 14:00h
Número de horas:
4
Número máximo de participantes:
30
Tipo de xornada:
Sectorial
Entidade organizadora:
Centro Demostrador TIC
Salas:
Sala de Formación
Destinatarios:
Industria Agroalimentaria
Descrición:

O obxectivo da Xornada é achegar ás empresas do sector solucións tecnolóxicas que posibiliten a modernización do seu negocio, a mellora do seu posicionamento na economía galega, así como a apertura  a novos mercados.

A metodoloxía definida para este tipo de xornadas persegue acadar un contacto directo entre á oferta tecnolóxica existente en Galicia e os posibles demandantes da mesma, a través de demostracións prácticas e a participación activa das empresas asistentes durante a celebración da xornada.

Empresas/entidades colaboradoras e solucións tecnolóxicas


Pexego

Solución tecnolóxica:
OpenErp
Descrición funcional:

Open ERP é un sistema que combina as funcionalidades dun sistema ERP e un CRM. Ten compoñentes separados en esquema Cliente-servidor. Dispón de interfaces XML-RPC, e SOAP. Entre as súas características están a contabilidade analítica, contabilidade financeira, xestión de almacéns/inventario, xestión de vendas e compras, automatización de tarefas, campañas de mercadotecnia, axuda técnica (Helpdesk), e punto de venda. Dentro da construción mesma do software faise uso intensivo de fluxos de traballo que se poden integrar cos módulos facendo a modificación de aprobación e en xeral de calquera proceso adaptable. Emprega Postgresql como Sistema manexador de bases de datos e foi programado con Python, o cal permite que a súa adecuación e implantación sexa limpa e poida ter unha curva bastante menor que outras solucións. OpenERP coñecíase anteriormente como TinyErp. Distribúese con licenza GPL.


CEINGA SOFTWARE

Solución tecnolóxica:
i-Preventa
Descrición funcional:

Software para a xestión de vendas e cobramentos en mobilidade a través de dispositivos iPod Touch, iPhone ou iPad dirixido principalmente a automatizar a xestión do equipo de vendas de empresas de Alimentación e Bebidas (Distribuidores, Almacenistas, Fabricantes).

Intégrase de forma nativa co ERP Cx_Distribución de Ceinga Software aínda que se pode desenvolver a integración con calquera outro ERP.

Para máis información consultar o MapaTIC.gal


SaecData

Solución tecnolóxica:
Visión artificial para clasificación de produtos
Descrición funcional:

Solución enfocada á clasificación, automatización, trazabilidade e comercialización de produtos pesqueiros mediante visión artificial.


IDOM

Solución tecnolóxica:
Agricultura Intelixente
Descrición funcional:

Sistema de información integral que aproveita os datos recompilados diariamente para xerar información nova que permite mellorar a xestión e sostibilidade económica e ambiental, aumentando e mellorando a calidade da produción e do medio ambiente. Tamén permite anticiparse á aparición de enfermidades mediante a aplicación dun modelo matemático que utiliza información meteorolóxica recollida por unha rede de estacións combinada cunha rede sensorial (WSN). Desta forma optimizase o uso de produtos fitosanitarios e permite aforro de custos e redución da huella do carbono.

Mapa Web de CDTIC
RSS

Pode subscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a