
O Centro Público Demostrador TIC de Galicia dispón dunha sala de formación con capacidade para 30 persoas equipada con terminais lixeiros, equipo de proxección, unha Pantalla LED de 55” , Pizarra Dixital, Pantalla 3D LED 55”. e un sistema de son multicanal.
¿Qué tipo de actuacións se poden desenvolver?
A sala de formación está habilitada para realizar Demostracións ou Formacións a grupos de ata 30 persoas e cuxo obxectivo sexa que empresas, posibles usuarias de tecnoloxía ou innovación tecnolóxica, podan visualizar de forma práctica ás vantaxes e a utilidade das solucións tecnolóxicas obxecto da actuación

O Centro Público Demostrador TIC de Galicia dispón dunha sala de demostracións con capacidade para 12 persoas equipada con ordenadores persoais, estacións de traballo, sistema de videoconferencia, TPVs, sistema de xestión de almacén baseado en RFID e un posto móvil de artesanía.
¿Qué tipo de actuacións se poden desenvolver?
A sala de demostracións está habilitada para realizar Demostracións ou Simulacións de entornos de traballo con produtos tecnolóxicos co obxectivo de facilitar o encontro in-situ ou virtual entre empresas provedoras de solucións tecnolóxicas e empresas posibles usuarias de tecnoloxía ou innovación tecnolóxicas, e que estas últimas podan visualizar de forma práctica ás vantaxes e utilidade de solucións tecnolóxicas obxeto da actuación.

O Centro Público Demostrador TIC de Galicia dispón dunha Sala de Realidade Virtual con capacidade para 5 persoas equipada cunha doble pantalla de retroproxección, sistema de posicionamiento, sistema de audio, gafas 3D activas e un rato 3D.
¿Qué tipo de actuacións se poden desenvolver?
A Sala de Realidade Virtual está habilitada para a exposición de contidos audiovisuais e interactivos en tres dimensións. O equipamento instalado permite realizar simulacións avanzadas, videoxogos e reprodución virtual de diversos entornos reais e a interacción cos mesmos: visitas virtuais a cidades ou inmobles, situacións de emerxencia, montaxe/desmontaxe de equipamentos industriais, ...
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información |
Suxestións e queixas |
Aviso Legal |
Atendémolo/a |
RSS