O Centro Demostrador TIC é o instrumento operativo enmarcado no eixo de actuación ecomIC-T "Empresa dixital e innovadora" da Axenda2014.gal e posto en marcha pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, a Consellería de Traballo e Benestar xunto coa entidade pública empresarial Red.es, adscrita do Ministerio de Industria, Turismo y Comercio e cofinanciado con fondos FEDER.
O Centro Demostrador constitúe o ESCAPARATE TECNOLÓXICO DE GALICIA e polo tanto unha referencia no impulso e a difusión do uso das TICs nos sectores produtivos galegos, a través principalmente da asesoría, capacitación e formación tecnolóxica.
O CDTIC, ubicado no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, defínese como espazo de referencia para innovacións e oportunidades tecnolóxicase ofrece a todo o sector TIC a posibilidade de acceder ao uso das instalacións, equipamento avanzado e servizos dispoñibles, para a realización de actividades demostradoras de solucións TIC.
A misión do Centro é facilitar ás empresas TIC os medios para acercar a súa oferta de produtos ás empresas doutros sectores produtivos, de forma que poidan desenvolver produtos adaptados ás necesidades de mercado.
Deste xeito conseguiranse dous obxectivos: incrementar a demanda de produtos TIC e adaptar esta demanda ás necesidades de innovación dos sectores estratéxicos, facendo máis competitivos estes sectores mediante as incorporacións das TIC aos seus modelos de negocio (automoción, construción naval,enerxía, téxtil)
Como punto de encontro que é entre a oferta TIC e a demanda empresarial tecnolóxica, contribuirá a xerar e difundir a marca Galicia como una marca de solvencia de novos produtos e servizos tecnolóxicos xerados a través de novas ideas empresariais:
Para o sector TIC:
Para o sector non TIC:
Queremos avanzar, queremos integrar as TIC de xeito efectivo en todos os sectores produtivos e unha boa fórmula é aliñar a oferta TIC e a demanda empresarial.

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas |
Aviso Legal |
Atendémolo/a