No Centro Público Demostrador TIC desenvolveranse distintos tipos de actividades que poderán estar promovidas tanto pola Xunta de Galicia como por calquera entidade ou colectivo externo.
As actividades poderán ser:
Sesións Demostradoras, que teñen como obxectivo principal mostrar, de xeito práctico, produtos ou servizos TIC ás empresas asistentes.
Encontros TIC , que teñen como obxectivo principal proporcionar un punto de encontro que dea lugar a foros, relatorios e debates en torno a un sector empresarial ou unha temática TIC concreta.
Obradoiros/Seminarios de Formación, que teñen como obxectivo principal capacitar ás empresas asistentes.
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas |
Aviso Legal |
Atendémolo/a