Política de accesibilidade
A Xunta de Galicia procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexa independente dos dispositivos físicos e navegadores web empregados para tal fin e accesibles para navegadores adaptados a persoas con minusvalías ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.
A política de accesibilidade aplicada pola Xunta de Galicia está aliñada coas esixencias do Real Decreto 1494/2007, de 12 de novembro, que aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social.
Alcance
O alcance desta declaración de conformidade de accesibilidade é o de todas as páxinas do portal web do Centro Demostrador TIC (CDTIC)
Cumprimento de estándares
Recoméndase utilizar as versións máis recentes de navegadores tales como Mozilla Firefox , Chrome , Opera , Konqueror , Internet Explorer , Safari , etc.
Data de última revisión
A última revisión sobre o nivel de accesibilidade deste portal foi realizada con data do 01/07/2011.
Tamaño dos textos
As páxinas da web da Xunta de Galicia especifican o tamaño dos textos de forma relativa, é dicir, permiten que os navegadores aumenten ou diminúan o tamaño dos textos segundo as preferencias do usuario, e sen crear problemas de visualización.
Pode controlar o tamaño dos textos no seu navegador da seguinte maneira:
Lector de contidos
As novas da sección actualidade deste portal teñen habilitado o servizo de audiocontidos, en ambos os dous idiomas, para a súa escoita que facilita o acceso aos mesmos a calquera persoa usuaria que teña dificultades de lectura en pantalla.
Navegación
Para facilitar a navegación e identificación do portal, todas as páxinas do portal web manteñen compoñentes comúns como a cabeceira e pé de páxina.
Contacto
A Xunta de Galicia, na súa procura de mellorar de xeito continuado a accesibilidade deste portal, convida a que a cidadanía notifique as dificultades coas que se puido atopar ademais de calquera outra suxestión sobre a accesibilidade que estime a través do servizo de atención e contacto Contacta.
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas |
Aviso Legal |
Atendémolo/a